Rematamos as presentacións da persoas e colectivos que van participar o sábado 2 nas xornadas "Da RISGA á Renda Básica das iguais" con Josep Manel Busqueta. Economista, escritor e panadeiro e membro do Seminario de Economía Crítica Taifa. Nos últimos meses Busqueta é máis coñecido pola súa militancia na CUP.
Achégase a Galiza dende Catalunya para falarnos do capitalismo. O traballo de Busqueta, e por suposto da xente de Taifa, está a ser moi útil para a cidadanía e para os colectivos que grazas á súa divulgación coñecemos mellor o sistema por dentro.