logo

Renta Básica de las Iguales · Oinarrizko Errenta · Renda Bàsica de les Iguals · Renda Básica das Iguais · Basic Income for Equal Citizens

[6] #DaRISGAáRBis “Exclusión e pobreza no capitalismo" con Albert Sales

Dende hai tempo seguimos a Albert Sales, posto que os seus textos están a ser moi lucidos á hora de analizar a pobreza, a exclusión social dentro do capitalismo. Nas xornadas Da RISGA á Renda Básica das iguais" falará sobre "A pobreza no capitalismo” a partires das 12:00 xunto a Leticia Castro.

Albert Sales preséntase así no seu blogue: “Son politólogo e sociólogo. Desde 2004, Profesor asociado no Departamento de Ciencias Políticas e Sociais da Universidade Pompeu Fabra. Tamén impartín docencia na Universidade de Xirona e na Universidade de Salamanca. Formo parte do Grupo de Investigación en Criminoloxía e Sistema Penal da UPF. Activista e investigador no ámbito da loita contra a pobreza e as desigualdades. No ámbito internacional traballei na Campaña Roupa Limpa e son membro fundador do Colectivo RETS e activista contra as violacións dos Dereitos Humanos e dos Dereitos Laborais que cometen sistematicamente as Empresas Transnacionais.

Desde 2011 colaboro coa Rede de Atención ás Persoas Sen Fogar de Barcelona e a miña investigación está orientada a combater a exclusión residencial e a criminalización da pobreza no espazo público. Actualmente son asesor da Tenencia de Alcaldía de Dereitos Sociais do Concello de Barcelona”.

Recomendamos que visites os seus blogues > albertsales.wordpress.com e vagosymaleantes.com Neles comparte, en catalá e castelán, artigos e reflexións sobre pobreza, control social, políticas sociais, persoas sen fogar...

Partillamos a entrevista en Nosotras las Personas de Radio Pimienta

Vivir en la calle