logo

Renta Básica de las Iguales · Oinarrizko Errenta · Renda Bàsica de les Iguals · Renda Básica das Iguais · Basic Income for Equal Citizens

II Semana Galega pola Renda Básica das Iguais. Ferramentas para unha vida digna

Un ano máis as xentes da ODS-Coia, GAS e Baladre xuntamos forzas para reivindicar o dereito a vivir dignamente nunha semana de actividades por diferentes cidades galegas.

Malia os discursos que falan de recuperación, a realidade é teimuda e segue a amosarnos cada día como o empobrecemento e a precarización da vida van a máis. O agravamento da situación de exclusión na que xa vivían millares de persoas mesmo antes da irrupción da “crise”, a dificultade de cubrir necesidades básicas e a vulnerabilidade vital que atinxe a parcelas cada vez mais amplas da poboación son facilmente palpábeis para calquera que non estea de costas ao día a día á realidade.

Tamén nós seguimos na teima de considerar que ante tal situación as medidas asistenciais, os parches electoralistas ou caritativos son árbores que non nos deixan ver o bosque e poder formularnos preguntas fundamentais: Como garantir a subsistencia promovendo ao mesmo tempo a autonomía e o empoderamento das persoas sobre as súas propias vidas? Que elementos compoñen unha vida digna e plena, unha vida que pague á pena vivir?

Durante esta semana trataremos de achegar espazos de reflexión e debate sobre estas e moitas outras preguntas a través das actividades que detallamos a continuación. Estimular a intelixencia colectiva para pensar ferramentas que combinen a sustentabilidade da vida, a participación e a transformación social son os obxectivos desta segunda semana de loita pola RBis.

MARTES 17. Lugo

MÉRCORES 18. Compostela

XOVES 19. Vigo

VENRES 20. Compostela

Máis información: https://grupodeaxitacionsocial.blogspot.com.es y www.coordinacionbaladre.org