logo

Renta Básica de las Iguales · Oinarrizko Errenta · Renda Bàsica de les Iguals · Renda Básica das Iguais · Basic Income for Equal Citizens

[3] #DaRISGAáRBis “A Renda Básica das iguais unha ferramenta para a transformación social” coas xentes de Baladre

A xente de Baladre lanzámonos a organizar as xornadas “Da RISGA á Renda Básica das iguais”. En decembro de 2012 publicabamos o estudo de viabilidade da Renda Básica das iguais en Galiza, máis tarde, en maio de 2015 a edición galega do libro “Renda Básica das iguais e feminismos”. Entre medias, moitísimas actividades co obxecto de conseguir que todas teñamos o dereito a vivir con dignidade. Mentres seguimos a padecer unhas políticas sociais por parte da Xunta e dos concellos que non son máis que puras esmolas (RISGA, axudas sociais, municipais...) que lonxe de sacarnos da pobreza afondannos máis nela.

O sábado 2 de abril da man de Mari Fidalgo e Manolo S. Bayona e a partires das 17h os dous compas analizarán onde estamos (RISGA) e até onde precisamos chegar para vivir cuns mínimos (Renda Básica das iguais).

Para aquelas que non coñecemos Baladre deixamos aquí unhas pequena presentación desta coordinación:

Baladre é unha Coordinación de colectivos da Península ibérica e norte de África, así como como colectivos e persoas do cono sur americano, con diferentes sensibilidades, pero cunha vontade común: a de denunciar a desigualdade, o empobrecimiento e a exclusión en calquera das súas formas. Os colectivos que participamos na Coordinación de Baladre vímolo facendo tanto en loitas sociais puntuais e/ou a nivel local, como a nivel global, en mobilizacións estatais e internacionais tales como as Marchas contra o paro, contra a Europa do Capital ou contra o Fondo Monetario Internacional.

Unha das loitas que reforzan a Coordinación de Baladre, e que usamos como ferramenta que unifica a diversidade de reivindicacións dos colectivos e grupos que loitamos pola transformación social (vivenda digna, transporte gratis, repartición de todos os traballos, non á represión e o cárcere,...) é a loita polo dereito á Renda Básica das iguais para todas as persoas, que nos permita vivir dignamente.

Máis información neste enlace

Compartimos tamén unha entrevista de Nosotras las Personas, programa de radio Pimienta. Deixámosvos unha entrevista que Manolo S. Bayona lle fai a Mari Fidalgo