Seguimos coas presentación das persoas que van participar nas xornadas “Da RISGA á Renda Básica das iguais”. Logo do xantar, retomaremos a sesión de tarde da man de Clara Griera. Baixo o título “L'Olivera, 42 anos de economía social” Clara presentara o traballo desta cooperativa situada en Vallbona de les Monges, no rural catalán. L'Olivera é unha cooperativa de integración social que incorpora a persoas con dificultades e que produce viños e aceites en Vallbona de les Monges, na Catalunya rural.
Clara Griera é enxeñeira técnica agrícola e licenciada en ciencia e tecnoloxía dos alimentos, ademais de traballar na cooperativa forma parte da CUP. Achegamos a entrevista a Clara para Nosotras las Personas
Si no puedes visualizar el vídeo haz clic aquí para buscar una nueva instancia