[Galiza] Este venres comeza a 1ª Semana Galega pola Renda Básica das Iguais

Solapas principales

Cartel

Mañá, venres 25 de xaneiro, comeza o movemento polo dereito a vivir dignamente, o movemento pola RBis. O traballo que diferentes colectivos sociais de Galiza da os seus froitos coa andaina desta 1ª Semana Galega pola Renda Básica das Iguais.

Entre o 25 ao 31 de xaneiro, en case unha decena de cidades e vilas galegas, realizaranse presentacións do libro “Repartindo a nosa riqueza”, publicación que saíu á luz o pasado mes de decembro e que expón os resultados do estudo da viabilidade da implantación da Renda Básica das Iguais en Galiza (RBis).

Recordamos que a Renda Básica das Iguais consiste no dereito que ten cada persoa a percibir periodicamente uns ingresos que lle permita cubrir as súas necesidades e que ha de percibir

se de xeito individual; universal e incondicional e cuxa contía económica sexa, polo mínimo, igual ao limiar de pobreza. As vías para acadar os ingresos necesarios para implantación deste dereito consisten na re-asignación do gasto público e na reforma do sistema fiscal.

O obxectivo é a distribución das rendas acumuladas nas mans duns poucos, para dar resposta á exclusión que está a afogar cada día a máis persoas, mentres que os prazos de espera e criterios para acceder a prestación irrisorias como a RISGA non fan máis que aumentar. A longo prazo, a proposta trata de contribuír á transformación social desde parámetros de equidade e xustiza social.

Palestras, aulas abertas co alumnado de Traballo Social, un obradoiro sobre Renda Básica e Xénero, a gravación dun documental divulgativo sobre esta proposta e xuntanzas con profesionais do 

De cara a xerar debate sobre a utilidade desta ferramenta, colectivos sociais de distinta índole, mais que coinciden na necesidade de facer fronte á precarización das condicións de vida nos que se atopan polo menos seis de cada dez fogares galegos -segundo os últimos datos do IGE referidos ao ano 2012-, decidiron dar un paso máis na loita polo dereito a vivir dignamente. Moverse para dar a coñecer unha proposta que, de ser implementada, garantiría que ao menos persoas en situación de maior exclusión, puideran dispoñer dunha renda ao redor dos 800 € ao mes.ámbito social e colectivos en situación de exclusión, como persoas con VIH, familiares de presas e presos, ou mocidade, son algunhas das actividades que compoñen a programación desta primeira semana galega pola RBis.

Entre os colectivos que están a organizar esta 1ª Semana Galega pola RBis están: Coordinación de Loitas Baladre, Oficina de Dereitos Sociais - Coia, Grupo de Axitación Social, Grupo IMÁN, CS Bou Eva (Vigo), Colectivo de Benestar Social, Encontro Social de Ferrolterra, Coruña en Loita, Liga Estudantil Galega, Colectivo Na Encrucillada e a Cova da Terra (Lugo) ou a CNT e o Ateneo Libertario de Allariz.

A programación completa da semana a tedes pinchando aquí, lembramos que este fin de semana as actividades son as seguintes:

Venres 25
20h00 - Centro social O Gorgullón (Curtidoira 3) - Colectivo Encontro Benestar Social - PONTEVEDRA

Sábado 26
12h00 - Fórum Própolis (Barcelona 115 Soto) - A CORUÑA
16h30 - Obradoiro: "Rachar coa centralidade do emprego, apostar pola centralidade da vida" - Libraría Lila de Lilith (Travesa 7) - COMPOSTELA
17h00 - Centro social okupado autoxestionado XUNTAS (Baixada a igrexa 10) - VIGO
18h00 - Na asociación Fuco Buxán (Armanda Española 32 baixo) - Organiza: Encontro Social Ferrol Terra - FERROL

Domingo 27
Allariz - 19h00 - Núcleo Confederal CNT (Camiño do Castelo, 10) - CNT e ATENEO LIBERTARIO

Etiquetas: