guia axudas sociais

[Vigo] Charla ao redor dos textos: “Renda Básica das iguais e feminismos” e “Guía Axudas Sociais”

A Marcha Mundial das Mulleres organiza o mércores 13 unha charla ao redor dos textos: “Renda Básica das iguais e feminismos” e “Guía Axudas Sociais”. Será a partires das 19:30 na Casa das Mulleres e contará coa presenza de persoas da ODS-Coia.

Unha das consecuencias históricas do patriarcado, consistiu en someter á muller e relegala ao ámbito doméstico coma nai e esposa, adicada aos coidados, sen recursos económicos propios e por tanto, dependente economicamente do home.

Para reverter esta situación e facer que a muller sexa libre e dona do seu destino,o movemento feminista ven reivindicando e traballando dende o seu nacemento, para empoderar ás mulleres na loita pola independencia económica e a igualdade.

Pola súa parte a Renda Básica das iguais, entendida como o dereito de toda persoa a percibir do Estado unha cantidade periódica que cubra as súas necesidades vitais, postúlase como un dos mecanismos para acadar a tan desexada independencia económica así como a igualdade efectiva entre mulleres e homes.

Etiquetas: 

II Semana Galega pola Renda Básica das Iguais. Ferramentas para unha vida digna

Un ano máis as xentes da ODS-Coia, Grupo de Axitación Social (GAS) e Baladrexuntamos forzas para reivindicar o dereito a vivir dignamente nunha semana de actividades por diferentes cidades galegas.

Malia os discursos que falan de recuperación, a realidade é teimuda e segue a amosarnos cada día como o empobrecemento e a precarización da vida van a máis. O agravamento da situación de exclusión na que xa vivían millares de persoas mesmo antes da irrupción da “crise”, a dificultade de cubrir necesidades básicas e a vulnerabilidade vital que atinxe a parcelas cada vez mais amplas da poboación son facilmente palpábeis para calquera que non estea de costas ao día a día á realidade.

Tamén nós seguimos na teima de considerar que ante tal situación as medidas asistenciais, os parches electoralistas ou caritativos son árbores que non nos deixan ver o bosque e poder formularnos preguntas fundamentais

Etiquetas: 

Suscribirse a RSS - guia axudas sociais