José Iglesias hablará de la RBis en la presentación de AMES (Cangas, Galiza)

Solapas principales

Para la presentación del Ateneo do Morrazo pola Economía Social (AMES) contarán con la presencia de nuestro compañero Jose Iglesias en una charla sobre  Renta Básica de las iguales el jueves 27 a las 20h00 en Cangas (Galiza).

AMES é unha asociación que ten como principal obxectivo fomentar o cooperativismo como alternativa á crise que vivimos así como apoiar todo tipo de iniciativas comunitarias. Nace da man dun grupo de persoas dos distintos concellos da comarca que queren loitar contra a progresiva degradación do territorio, poñendo especial énfase en recuperar os campos abandonados mediante acordos para que poidan xenerar de novo riqueza e emprego. O Ateneo do Morrazo pola Economía Social (AMES) defende unha cultura de consumo responsable, potenciando a relación entre productoras e consumidoras, e, dende logo, o respecto ao medio ambiente. Como vimos anunciando, o próximo 27 de Xuño ás 20h00 terá lugar no Concello de Cangas a presentación do Ateneo do Morrazo de Economía Social.

+info: http://ateneomorrazo.wordpress.com