El ayuntamiento de Vigo deniega la exigencia colectiva de una Renta Básica

Solapas principales

Enviar por correoEnviar por correo

Acercamos la nota de prensa enviada por la ODS-Coia y la parroquia del Cristo de la Vivoria ante la respuesta negativa del ayuntamiento de Vigo (pinchando aquí) a la petición de una Renta Básica para vivir dignamente:

La Oficina de Dereitos Sociais de Coia e a Parroquia do Cristo da Victoria, dentro da campaña “VIVIR DIGNAMENTE É UN DEREITO” fixemos, o 27 de xuño deste ano, un acto de entrega masiva e pública de 92 Follas de Denuncia Social onde se solicitaba ao Concello de Vigo e á Xunta de Galicia o recoñecemento e concesión dunha renda básica de 863 €/mes, que permitise a todas as persoas cubrir as súas necesidades básicas e vivir con dignidade.

O instrumento xurídico utilizado para tal fin foi o dereito de petición, dereito constitucionalmente recoñecido e que permite á cidadanía realizar solicitudes formais sobre calquera materia competencia das administracións públicas.

O martes 6 de agosto recibimos a contestación por parte do Concello de Vigo, por medio dunha resolución da Concelleira de Benestar, Isaura Abelairas de 22 de xullo, na que se denegaba a nosa petición, argumentando, fundamentalmente, que o Concello non é competente na materia, e que a concesión da renda solicitada corre a cargo, única e exclusivamente, da Xunta de Galicia.

Ante tal afirmación, desde a ODS-Coia e a Parroquia queremos manifestar que o argumento utilizado para denegar a solicitude é totalmente falso e inxustificado, xa que a competencia en servizos sociais está legalmente compartida entre a Xunta de Galicia e o Concello de Vigo, recaendo, sobre este último, a responsabilidade última na asistencia primaria e urxente, así como no desenvolvemento de políticas de integración e benestar.

Parécenos inadmisible e preocupante que o Concello de Vigo evite a súa responsabilidade na grave situación de carencia que vive moita da súa veciñanza, e que se lave as mans nun asunto tan fundamental como o benestar das persoas que del dependen dicindo que “non conta nin coas atribucións legais, nin cos medios materiais e financeiros precisos...”.

Semellan non entender que o que esiximos é o dereito a poder vivir dignamente, nunha cidade e nun sistema no que a riqueza de todas concéntranse cada día en menos petos.

Por iso, non descartamos interpoñer un recurso xudicial contra a resolución notificada, o que decidiremos definitivamente cando recibamos a contestación da Xunta de Galicia.

Vigo, 7 de agosto de 2013