[A Coruña] Presentación de "Renda Básica das Iguais e Feminismos"

Solapas principales

Presentamos o libro Renda Básica das Iguais e Feminismos. Da centralidade do emprego á centralidade da vida, editado polas xentes de Baladre (Coordinación de grupos e persoas cotra o paro, o empobrecemento e a exclusión social). Ver tamén “Renda Básica das Iguais e moito máis”.

Xoves 21 de xaneiro ás 19:30h
na Librería Berbiriana
Rúa Santiago, 7 - Porta Real (A Coruña)

Cunha base firme de traballo continuado durante 30 anos na proposta da Renda Básica das Iguais, realizado polas xentes de Baladre, e motivadas pola necesidade de identificar as nosas aspiracións colectivas, na procura dunhas vidas dignas e plenas, desde o ano 2012 dedicámonos a reflexionar e discutir sobre as contribucións que esta proposta de reparto da riqueza podía ofrecer á loita feminista e viceversa. Todo o partillado e aprendido neste tempo está recollido neste libro.

Dámoslle unha volta á centralidade do emprego nas nosas vidas, que cremos que debemos substituir polos coidados, afectos, relacións e participación de xeito equitativo e en equilibrio co medio, para crear esa sociedade á que aspiramos de persoas libres e plenas.

Etiquetas: