30/05 - Acto de calle en Hacienda para comenzar con la recogida de firmas de la ILP por la Renta Básica

Solapas principales

[ODS-Coia] Comezamos a recollida de sinaturas da Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) pola Renda Básica e o faremos montando unha mesa informativa ás portas da delegación de facenda en Vigo.

A ODS-Coia, a parroquia do Cristo da Victoria e o Grupo de Axitación Social convocamos este acto de rúa diante de facenda (r/Lalín 2) o venres 30 de maio de 10h00 a 13h00 no que recolleremos sinaturas, ofreceremos información sobre a RB e aproveitaremos para denunciar que mentres medra a pobreza, tamén o fai o número de ricos no Estado Español. 1625 persoas teñen un patrimonio superior aos 23 millóns de euros no estado, o que supón un 7% máis que no ano 2012.

Contra a exclusión, redistribución!

Renda Básica das Iguais, XA!

Etiquetas: