Empeza a súa andaina en Lugo o Grupo de Dereitos Sociais e Renda Básica

Solapas principales

LogotipoEmpeza a súa andaina en Lugo o Grupo de Dereitos Sociais e Renda Básica.

Porque todas as persoas teñen que poder vivir con dignidade DEREITOS SOCIAIS RENDA BÁSICA

Debido á actual crise/estafa, a maior parte da riqueza producida na nosa sociedade vai a parar a unha minoria de ricos cada vez máis ricos, o que leva a unha maior desigualdade social, desemprego, traballo precario, e maiores dificultades para moitas familias que non ven cubertas as súas necesidades máis básicas (alimentación, vivenda, saúde,...). A información e a atención (humana e económica) que veñen dando as institucións (SEPE/INEM, Xunta de Galicia, Servizos Sociais...) ante a necesidade de solicitar prestacións sociais como a renda activa de inserción (RAI), a renda de inclusión social de galicia (RISGA) ou as axudas de emerxencia social (AES), é escasa, confusa e moi burocrática. Ademais en ocasións non se dan por falta de asignación de recursos ou retrásanse durante meses.

Un grupo de persoas e colectivos decidimos constituír o grupo Dereitos Sociais Renda Básica de Lugo, para facer acompañamento e denunciar esta situación, así como para movilizarnos na procura dunha RENDA BÁSICA para toda a cidadanía, en sustitución de axudas precarias e condicionadas, que non eliminan a pobreza nin a exclusión social.
Necesitamos que te impliques, cada quen ao nivel que queira e poida. Non podemos facer isto sen apoio, pero ademais calquera de nós pode verse nesta situación.

Para contactar con nós, podes facelo nas asembleas semanais que temos todos os luns entre as 19:00 e as 20:30h no salón de actos da casa sindical (Ronda da Muralla). Ou contacta por estes outros medios:

Teléfono: 668874662
Correo-e: dereitossociaisrendabasicalugo@gmail.com
Blog: http://dereitossociaiserendabasicalugo.wordpress.com/
Facebook: Dereitossociais e Rendabásica.
PARTICIPA, DIFUNDE, APOIA

Etiquetas: