19/04 Charla/reunión: La ILP por la Renta Básica

Solapas principales

A Iniciativa Lexislativa Popular pola Renda Básica para moitas persoas e colectivos é unha ferramenta para buscar saídas a esta tolemia de vida que nos propón o capitalismo.

Aínda non están os pliegos para a recollida de sinaturas, pero en nada os teremos e comezaremos coa recollida do medio millón de sinaturas. En Galiza hai varias localidades nas que xa hai persoas e grupos que van participar neste movemento, por iso coa idea de dar a coñecer esta ferramenta e tamén para tratar de organizarmos aquelas que imos estar metidas estes meses nesta andaina convocamos unha charla/xuntanza baixo o título: "A ILP pola Renda Básica". Estará dinamizada polo compañeiro de Baladre, Manolo S. Bayona nos locais da parroquia do Cristo da Victoria (Baiona 9, Coia - Vigo) o sábado 19 de abril a partires das 11h30.

Etiquetas: