Semana Galega

Exitosa 1ª semana galega pola Renda Básica das Iguais

fotoODSCOIA.- Seis días, nove localidades, trece presentacións, preto de 400 asistentes aos actos... Son algunhas das cifras desta primeira semana galega pola Renda Básica das Iguais (RBis). Para as persoas que nos implicamos na preparación e desenvolvemento destes días de actividades a valoración é tremendamente positiva.

Cando nos botamos á estrada non sabiamos o que nos iamos atopar en cada unha das localidades: Vigo, Pontevedra, Ferrol, A Coruña, Compostela, Ourense, Lugo, Allariz e As Pontes. Agora podemos dicir que os encontros foron ricos e diversos con colectivos e persoas de ámbitos tan diversos como o: libertario, sindicalismo, profesional, feminismo, okupa, político... e que o intercambio foi rico e posibilitador, á hora de crear dinámicas que rachen co capitalismo.

Suscribirse a RSS - Semana Galega