Renta básica de las iguales

[7] #DaRISGAáRBis “Desconectemos do capitalismo" da man de J.M. Busqueta

Rematamos as presentacións da persoas e colectivos que van participar o sábado 2 nas xornadas "Da RISGA á Renda Básica das iguais" con Josep Manel Busqueta. Economista, escritor e panadeiro e membro do Seminario de Economía Crítica Taifa. Nos últimos meses Busqueta é máis coñecido pola súa militancia na CUP.

Achégase a Galiza dende Catalunya para falarnos do capitalismo. O traballo de Busqueta, e por suposto da xente de Taifa, está a ser moi útil para a cidadanía e para os colectivos que grazas á súa divulgación coñecemos mellor o sistema por dentro.

Achegamos a entrevista para Nosotras las Personas > http://audio.urcm.net/Nuevo-articulo,9662

[6] #DaRISGAáRBis “Exclusión e pobreza no capitalismo" con Albert Sales

Dende hai tempo seguimos a Albert Sales, posto que os seus textos están a ser moi lucidos á hora de analizar a pobreza, a exclusión social dentro do capitalismo. Nas xornadas "Da RISGA á Renda Básica das iguais" falará sobre "A pobreza no capitalismo" a partires das 12:00 xunto a Leticia Castro.

Albert Sales preséntase así no seu blogue: "Son politólogo e sociólogo. Desde 2004, Profesor asociado no Departamento de Ciencias Políticas e Sociais da Universidade Pompeu Fabra. Tamén impartín docencia na Universidade de Xirona e na Universidade de Salamanca. Formo parte do Grupo de Investigación en Criminoloxía e Sistema Penal da UPF. Activista e investigador no ámbito da loita contra a pobreza e as desigualdades. No ámbito internacional traballei na Campaña Roupa Limpa e son membro fundador do Colectivo RETS e activista contra as violacións dos Dereitos Humanos e dos Dereitos Laborais que cometen sistematicamente as Empresas Transnacionais.

[5] #DaRISGAáRBis “As empobrecidas da Galiza” da man de Leticia Castro

Na ODS-Coia e tamén en Baladre criticamos acotío a aquelas profesionais do social que serven aos intereses do poder. Somos conscientes das dificultades para facer unha praxe liberadora e transformadora dende a educación e o traballo social, a psicoloxía, a pedagoxía... pero malia os atrancos coñecemos a moitas compañeiras que nos seus empregos son quen de argallar estratexias que avancen na transformación social. Unha delas é Leticia Castro, educadora social que traballa en contacto con moitas persoas que sofren a inxustiza da pobreza e a precariedade.

Antes do xantar, Leticia achegaranos á Galiza máis excluída, a esa Galiza que dende os poderes pretender agochar e controlar, e por suposto tamén facer rendible para continuar enchendo os petos duns poucos a costa das vidas de moitas.

Partillamos unha entrevista a Leti para Nosotras las Personas de Radio Pimienta > http://audio.urcm.net/Nosotras-las-Personas-2015-03-03

[4] #DaRISGAáRBis "L'Olivera, cooperativa de integración social" con Clara Griera

Seguimos coas presentación das persoas que van participar nas xornadas “Da RISGA á Renda Básica das iguais”. Logo do xantar, retomaremos a sesión de tarde da man de Clara Griera. Baixo o título “L'Olivera, 42 anos de economía social” Clara presentara o traballo desta cooperativa situada en Vallbona de les Monges, no rural catalán. L'Olivera é unha cooperativa de integración social que incorpora a persoas con dificultades e que produce viños e aceites en Vallbona de les Monges, na Catalunya rural.

Clara Griera é enxeñeira técnica agrícola e licenciada en ciencia e tecnoloxía dos alimentos, ademais de traballar na cooperativa forma parte da CUP. Achegamos a entrevista a Clara para Nosotras las Personas > http://audio.urcm.net/Nosotras-las-Personas-2014-04-08

[3] #DaRISGAáRBis "A Renda Básica das iguais unha ferramenta para a transformación social" coas xentes de Baladre

A xente de Baladre lanzámonos a organizar as xornadas "Da RISGA á Renda Básica das iguais". En decembro de 2012 publicabamos o estudo de viabilidade da Renda Básica das iguais en Galiza, máis tarde, en maio de 2015 a edición galega do libro "Renda Básica das iguais e  feminismos". Entre medias, moitísimas actividades co obxecto de conseguir que todas teñamos o dereito a vivir con dignidade. Mentres seguimos a padecer unhas políticas sociais por parte da Xunta e dos concellos que non son máis que puras esmolas (RISGA, axudas sociais, municipais...) que lonxe de sacarnos da pobreza afondannos máis nela.

O sábado 2 de abril da man de Mari FIdalgo e Manolo S. Bayona e a partires das 17h os dous compas analizarán onde estamos (RISGA) e até onde precisamos chegar para vivir cuns mínimos (Renda Básica das iguais).

[2] #DaRISGAáRBis "Erletxea, información e axitación en Irún" da man de Ruth López

Continuamos coas presentacións das participantes nas xornadas "Da RISGA á Renda Básica das iguais". Pecharemos as xornadas coa palestra: “Os Puntos de Información e Denuncia e Asembleas de empobrecidas-precarias”. Ademais de Beatriz Lorenzo (ODS-Coia) contaremos coa presenza de Ruth López, compañeira de Erletxea, punto de información en Irún.

Así presentan na súa web (www.erletxea.org) o traballo que están a realizar: "Es una colmena de información y reflexión, de acción y agitación. Pero también es una colmena llena de creatividad y rebeldía. Es un espacio tanto físico como virtual".

Compartimos a valoración que este grupo fixo sobre o seu traballo no ano 2015 > www.erletxea.org/es/berria/2016-24-02/una-realidad-oculta-la-precariedad-y-el-empobrecimiento

2 abril - Jornadas: "Da RISGA á Renda Básica das iguais"

Prestacións de 400€ concedidas con meses de atraso e despois dunha morea de trabas burocráticas e controis por parte dos servizos sociais. No mellor dos casos, acceder a un contrato de sete meses de contía inferior ao salario mínimo interprofesional, tras o cal non está permitido renovar o cobro da prestación. Ou a caridade.

Estas son as respostas dispoñibles a día de hoxe para facer fronte á situación de emerxencia social que afecta a unha de cada catro persoas en Galiza (o 23,8% da poboación que se atopa en “risco” de pobreza ou exclusión). Para moitas máis, que sufrimos as dificultades de soster a vida cada día mais non cumprimos os requisitos de pobreza establecidos, as opcións pasan polo mercado laboral precarizado.

As xentes de Baladre deixamos a un lado os termos difusos (cambio, progreso, transversalidade, reformismo, benestar....) para abordar propostas concretas que garantan o dereito a unha vida digna e contribúan a procesos de transformación radicais.

Páginas

Suscribirse a RSS - Renta básica de las iguales