Renda Básica das iguais

A Renda Básica das Iguais, máis aló do Ingreso Mínimo Vital

Colas no Banco de Alimentos en LugoUnha opción anticapitalista e feminista

Lugo sen mordazas.- Algunha vez te preguntaches que farías ti se cobraras unha renda básica? Para a maioría das persoas a vida cambiaría radicalmente. Sobre todo para as desbotadas por un sistema económico que favorece a uns poucos mentres afoga á maioría e que resulta insustentable, tanto social como ecoloxicamente.

[1] #DaRISGAáRBis "Como pasar de usuaria a persoa sen morrer no intento", Beatriz Lorenzo

Dende hoxe até o venres 1 de abril iremos presentando ás persoas e colectivos que van participar nas xornadas "Da RISGA á Renda Básica das iguais" que se van celebrar en Compostela o sábado 1 de abril.

Comezamos estas presentacións con Beatriz Lorenzo Caamiña, compa da ODS-Coia. Achegamos un texto que apareece publicado na edición galega de "Renda Básica das iguais e feminismos" é un anaco dun vídeo no que ela intervén (a partires do minuto 17).

Presentación en Ourense: Renda Básica das iguais e feminismos

Este venres 11 de marzo a nosa compa, Mari Fidalgo, presentará en Ourense o libro: "Renda Básica das iguais e feminismos. Da centralidade do emprego á centralidade da vida".

Será no local de A Galleira (Praza San Cosme - Ourense) a partires das 20h00.

Así o presentan a xente de A Galleira no seu perfil de facebook: "Queres saber de que se fala cando se fala de RBIS? Pasa pola Galleira que logo hai foliada!".

Suscribirse a RSS - Renda Básica das iguais