Galiza

A Renda Básica das Iguais, máis aló do Ingreso Mínimo Vital

Colas no Banco de Alimentos en LugoUnha opción anticapitalista e feminista

Lugo sen mordazas.- Algunha vez te preguntaches que farías ti se cobraras unha renda básica? Para a maioría das persoas a vida cambiaría radicalmente. Sobre todo para as desbotadas por un sistema económico que favorece a uns poucos mentres afoga á maioría e que resulta insustentable, tanto social como ecoloxicamente.

Nin RISGA, nin Ingreso Mínimo Vital. RENDA BÁSICA XA!

Confinadas e empobrecidas estamos por mor dun virus. A moitas galegas esta crise pillounas núas, orfas de protección. Por iso o futuro albíscase complicado, en forma de despedimentos, ERTEs, precariedade, despexos, mortes...

Hai uns meses colectivos e asociacións do país reclamabamos facer da "RISGA UN VERDADEIRO DEREITO" para nos protexer da pegada do empobrecemento. Agora, á vista da continuidade das ineficaces e miserentas políticas sociais e da crise provocada polo coronavirus, esiximos RENDA BÁSICA, XA!

Malia os anuncios de medidas por parte do goberno central, polo momento non hai INGRESO MÍNIMO VITAL e descoñecemos o detalle da súa cobertura. Mais do que imos sabendo semella que vai beber das mesmas fontes que as políticas de rendas mínimas.

[7] #DaRISGAáRBis “Desconectemos do capitalismo" da man de J.M. Busqueta

Rematamos as presentacións da persoas e colectivos que van participar o sábado 2 nas xornadas "Da RISGA á Renda Básica das iguais" con Josep Manel Busqueta. Economista, escritor e panadeiro e membro do Seminario de Economía Crítica Taifa. Nos últimos meses Busqueta é máis coñecido pola súa militancia na CUP.

Achégase a Galiza dende Catalunya para falarnos do capitalismo. O traballo de Busqueta, e por suposto da xente de Taifa, está a ser moi útil para a cidadanía e para os colectivos que grazas á súa divulgación coñecemos mellor o sistema por dentro.

Achegamos a entrevista para Nosotras las Personas > http://audio.urcm.net/Nuevo-articulo,9662

[6] #DaRISGAáRBis “Exclusión e pobreza no capitalismo" con Albert Sales

Dende hai tempo seguimos a Albert Sales, posto que os seus textos están a ser moi lucidos á hora de analizar a pobreza, a exclusión social dentro do capitalismo. Nas xornadas "Da RISGA á Renda Básica das iguais" falará sobre "A pobreza no capitalismo" a partires das 12:00 xunto a Leticia Castro.

Albert Sales preséntase así no seu blogue: "Son politólogo e sociólogo. Desde 2004, Profesor asociado no Departamento de Ciencias Políticas e Sociais da Universidade Pompeu Fabra. Tamén impartín docencia na Universidade de Xirona e na Universidade de Salamanca. Formo parte do Grupo de Investigación en Criminoloxía e Sistema Penal da UPF. Activista e investigador no ámbito da loita contra a pobreza e as desigualdades. No ámbito internacional traballei na Campaña Roupa Limpa e son membro fundador do Colectivo RETS e activista contra as violacións dos Dereitos Humanos e dos Dereitos Laborais que cometen sistematicamente as Empresas Transnacionais.

II Semana Galega pola Renda Básica das Iguais. Ferramentas para unha vida digna

Un ano máis as xentes da ODS-Coia, Grupo de Axitación Social (GAS) e Baladrexuntamos forzas para reivindicar o dereito a vivir dignamente nunha semana de actividades por diferentes cidades galegas.

Malia os discursos que falan de recuperación, a realidade é teimuda e segue a amosarnos cada día como o empobrecemento e a precarización da vida van a máis. O agravamento da situación de exclusión na que xa vivían millares de persoas mesmo antes da irrupción da “crise”, a dificultade de cubrir necesidades básicas e a vulnerabilidade vital que atinxe a parcelas cada vez mais amplas da poboación son facilmente palpábeis para calquera que non estea de costas ao día a día á realidade.

Tamén nós seguimos na teima de considerar que ante tal situación as medidas asistenciais, os parches electoralistas ou caritativos son árbores que non nos deixan ver o bosque e poder formularnos preguntas fundamentais

Páginas

Suscribirse a RSS - Galiza